28 feb 2012

Analizando unha canción


No segundo ciclo comezamos a analizar cancións.
Por petición popular comezamos con Nossa-nossa a famosa canción de moda.
Analizar esta canción nos ofrece a oportunidade de facer moitas máis cousas con ela.
Polo de agora este foi o traballo:

- Distribución por 4 equipos
- Formados os equipos escriben os seus nomes nun folio e consensan un nome para o equipo
- Imos analizar unha canción
- Seleccionamos os datos: título, cantante, disco, país de orixe, idioma
- Para analizar teremos que ir por partes, cada unha delas terá unha letra maiúscula, utilizamos a orde alfabética e cada parte igual terá o mesmo nome.
- Escoitamos a parte A
- Escoitamos a seguinte parte: decidimos que se chama B
- Escoitamos a terceira parte: chamámoslle C
- Escoitamos o resto da canción intentando escribir o esquema. Comprobamos o resultado. Falamos dudas e reflexións.
- Contamos os compases das partes e falamos da relación entre eles polo número de compases.
- Analizamos diferencias entre as partes A e C coa B que é instrumental.



Por cada resposta correcta os equipos van recibindo puntos.
O equipo con máis puntos escolle a letra-parte da que van inventar a coreografía na próxima sesión.

Xa amosaremos estes bailes ;)

A vídeomontaxe atopeina no blogue "A sonrisa de Arturo"


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.